Publicador de contidos
Publicador de contidos

A goleada en Santander certifica a destitución de Cristóbal no Rácing

A goleada en Santander certifica a destitución de Cristóbal no Rácing

Cristóbal Parralo chegou ao equipo ferrolán en 2020 e logrou o ascenso a Segunda División na tempada 2022/23

Foto Rácing
G24.gal 20/01/2025 12:04 Última actualización 20/01/2025 14:15

O Rácing de Ferrol anunciou este luns o cesamento do seu adestrador, Cristóbal Parralo, tras a goleada deste domingo no Sardinero, onde o Rácing de Santander derrotou por 6-0 ao equipo verde, que permanece en zona de descenso de Segunda División.

Nun comunicado, o club confirmou a súa "decisión de prescindir dos servizos" do técnico, ao que mostrou o seu "afecto e agradecemento" e do que valorou "o seu compromiso e o gran traballo que realizou nestes últimos catro anos".

"A súa contribución foi determinante na chegada ao fútbol profesional, o que sempre lle asegurará un posto destacado na historia desta centenaria entidade".

Tras a súa saída, o Rácing de Ferrol desexou "o mellor nos seus proxectos futuros" a Parralo, do que resaltou "a súa valía persoal e profesional".

O ata o de agora segundo adestrador, Javier Manjarín, dirixiu a sesión de traballo na mañá deste luns. O club sinalou que concretará "nos próximos días a nova composición do corpo técnico", que debutará o domingo ás 18:30 horas na Malata ante o Burgos.

Cristóbal Parralo chegou ao equipo ferrolán en 2020 e logrou o ascenso a Segunda División na tempada 2022/23.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos