O Rácing logra un punto insuficiente fronte ao Cartaxena (0-0)
O Rácing logra un punto insuficiente fronte ao Cartaxena (0-0)
Jesús Ruíz ralizou unha boa parada no segundo tempo
Raúl Blanco estreouse como xogador racinguista
O Rácing logrou un punto que sabe a pouco diante doutro equipo instalado en zona de descenso, o Cartaxena.
O empate a cero final foi reflexo do que se viu na Malata, coas defensas superando claramente ás dianteiras. Bebe tivo a mellor ocasión dos galegos no primeiro tempo. No segundo, foi protagonista Jesús Ruíz, cunha excelente parada que ben puido evitar o triunfo visitante.
Estreouse Raúl Blanco, que entrou no minuto 58 substituíndo a un mancado Gelardo. O moañés realizou accións meritorias e gozou dunha boa oportunidade de gol.
O Rácing suma o seu punto 19. Mantén a 4 ao seu rival desta xornada e queda a outros 4 da permanencia, á espera do que fagan nesta xornada os seus rivais máis directos.