Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal Parralo: "A nosa salvación pasa por facernos fortes na casa"

Cristóbal Parralo: "A nosa salvación pasa por facernos fortes na casa"

O técnico do Rácing de Ferrol falou do partido de  mañá ante o Cartaxena e de Raúl Blanco, nova incorporación do club

G24.gal 10/01/2025 13:37 Última actualización 10/01/2025 15:09

Rácing de Ferrol e Cartaxena vénse as caras mañá sábado 11 de xaneiro ás 14:00 nun partido clave pola permanencia na división de prata do fútbol español. Cristóbal Parrralo, técnico dos ferroláns, falou así do encontro:

"Final non, pase o que pase temos que seguir. A ver se dunha vez por todas podemos comezar a ser sólidos. A nosa salvación pasa por facernos fortes na casa".

Ademais, Parralo falou da nova fichaxe, Raúl Blanco, que chega en calidade de cedido dende o Casa Pía da primeira división portuguesa e incorpórase á convocatoria en sustitución de Moisés Delgado.

"Fixo un breve adestramento onte pola tarde para preparar as pernas para o adestramento de hoxe"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar