Cristóbal está "agradecido" pola ratificación da directiva do Rácing
Cristóbal está "agradecido" pola ratificación da directiva do Rácing
O Rácing recibe o Raio Vallecano en partido de Copa
Cristóbal quere marcarlle pola escuadra a un convulso final de ano 2024, co Rácing en mala situación clasificatoria e a súa propia figura máis cuestionada ca nunca en Ferrol.
"Agradecido de que sigan confiando. Demostra que este club ten un modelo de funcionamento distinto e que analiza a situación".
Parada balsámica, tregua de Nadal, despois de que o sucedido na Romareda vaia claramente ao debe dun técnico que asume as críticas.
Chanzo inicial copeiro o de 2025 co Raio Vallecano na Malata, con todos os deberes de principio de curso aínda por facer.
"Gañar dá confianza e imos tentar competir ben e gañar a eliminatoria".
A solidez defensiva e a chegada a porta serán mañá as dúas caras dunha mesma moeda para o Rácing: o dólar de prata dunha rehabilitación deportiva urxente.