Cristóbal: "No vexo a xente cansada nin con estrés, vexo a xente ilusionada"
Cristóbal: "No vexo a xente cansada nin con estrés, vexo a xente ilusionada"
Chiki é o único dianteiro dispoñible no equipo racinguista para xogar a Copa ante o Barakaldo
O dianteiro Álvaro Giménez é a baixa de última hora na convocatoria do Rácing de Ferrol para xogar mañá xoves (20 horas) en Barakaldo, o partido da segunda rolda da Copa do Rei. O alacantino ten unha sobrecarga nun abdutor e Cristóbal decidiu deixalo en Ferrol para que se recupere ben e non arriscar a que a lesión vaia a máis.
Sen Álvaro Giménez e Jauregi, Chiki é o único dianteiro dispoñible no equipo racinguista para afrontar este encontro. Tamén son baixa para xogar en Barakaldo, Brais Martínez, Fran Manzanara, David Carballo (xuvenil), Rober Correa, Eneko Jauregi, Moi Delgado e Erick Cabaco.
Por tanto, o técnico apenas dispón de 18 xogadores, entre eles tres porteiros, para afrontar este encontro da Copa do Rei en Lasesarre.
"No vexo a xente cansada nin con estrés. Vexo a xente ilusionada. É o calendario que hai. Hai baixas pero non hai escusas"
Con todo, Cristóbal decidiu non levar convocados a xogadores do equipo xuvenil para reforzar o persoal.