Galicia aspira a converterse nun referente na produción de metanol verde na ría de Ferrol
Galicia aspira a converterse nun referente na produción de metanol verde na ría de Ferrol
Co proxecto Triskelion calculan que se poden reducir as emisións de CO2 en máis de corenta mil toneladas ao ano
No complexo químico que Forestal del Atlántico ten en Mugardos xa se traballa para producir metanol verde e converter o CO2 en materia prima.
Calculan que este proxecto poderá chegar a producir entre 40 e 50.000 toneladas de metanol ao ano. Unha parte servirá para autoabastecemento e outra para exportar.
Ademais de servir de combustible no sector marítimo, o metanol tamén é materia prima para a fabricación das resinas, que se aplican directamente á industria da madeira. Din que así podería pecharse o círculo da madeira en Galicia.
O apoio institucional xa o ten. Foi o primeiro proxecto declarado estratéxico pola Xunta.
O que falta é precisamente apoio económico, porque aínda que a Comisión Europea lle concedeu unha subvención de 49 millóns de euros, non é suficiente. O investimento previsto supera os 180 millóns e o obxectivo comezar a producir en 2028.