Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recursos de Galicia prevé pechar este ano a súa entrada en varios proxectos eólicos

Recursos de Galicia prevé pechar este ano a súa entrada en varios proxectos eólicos

O conselleiro delegado de Recursos de Galicia avalía positivamente os primeiros compases desta sociedade mixta 

Emilio Bruquetas destaca de RDG que busca "abaratar a enerxía e desenvolver a economía galega"

Admite preocupación polas decisións do TSXG sobre o sector eólico

G24.gal 13/04/2024 09:41 Última actualización 13/04/2024 11:27

O conselleiro delegado de Recursos de Galicia -RDG-, Emilio Bruquetas, asegura nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega que prevén pechar nestes próximos meses "a entrada en proxectos cunha potencia de ata 300 MW de eólica" así como nun "proxecto de almacenamento hidráulico".

Para Bruquetas, que se incorporou como conselleiro delegado a esta sociedade mixta en outono de 2023 tras ser director xeral de Reganosa, este serían os "grandes obxectivos deste ano". 

Na entrevista, Bruquetas dixo facer unha avaliación moi positiva dos primeiros compases desta sociedade mixta formada pola Xunta e 32 empresas. Unha sociedade, segundo se presenta na súa web, pretende que os beneficios do aproveitamento dos recursos naturais galegos queden no territorio.

Bruquetas, que asegura que RDG busca descarbonizar a economía galega e abaratar a enerxía- di que están traballando en todos os proxectos que teñen que ver con "enerxías renovables" coma eólica e mineira. Ademais indicou que Recursos de Galicia ten previsto que "teña unha actividade de comercialización de enerxía".

"Agora mesmo temos canles de comunicación con máis de vinte compañías e  estamos en negociacións con cinco compañías que esperamos que poidan frutificar no curto prazo".

Preguntado pola súa opinión sobre as paralizacións cautelares ditaminadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre máis de vinte proxectos de parques eólicos, Bruquetas admite preocupación.

O conselleiro delegado de Recursos de Galicia pregúntase "por que tanta litixiosidade en Galicia?", comenta que van na liña contraria ao que se ditamina noutras comunidades e mesmo polo Tribunal Supremo e opina que "o fundamental é que se queremos unha Galicia verde, necesitamos unha enerxía verde".

"Necesitamos moita enerxía verde, se non temos esa enerxía verde teremos unha Galicia fósil". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade