Retrospectiva do artista Manuel Patinha no Centro Torrente Ballester de Ferrol
Retrospectiva do artista Manuel Patinha no Centro Torrente Ballester de Ferrol
A escultura é a disciplina na que triunfou ao longo de máis de medio século de traxectoria. Mais nesta mostra poden verse todos os Manuel Patinha: desde o pintor de cadros de gran formato, de gravados, ao debuxante, o fotógrafo ou o poeta
O artista Manuel Patinha expón no Centro Torrente Ballester de Ferrol unha retrospectiva na que o artista portugués residente en Ferrolterra achega a súa obra máis descoñecida baixo o título de Dessassosegos.
A escultura é a disciplina na que Manuel Patinha triunfou ao longo de máis de medio século de traxectoria artística. Mais nesta mostra poden verse todos os Manuel Patinha desde o pintor de cadros de gran formato, de gravados, o debuxante, o fotógrafo ou o poeta.
As obras, que ocupan por todas as salas do Torrente Ballester, abranguen desde o inicios dos anos 70 ata o Patinha máis actual.
Obras que rematou no último ano para poder incluír nesta exposición que poderá visitarse ata o 5 de xaneiro do ano que vén.