Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio nunha vivenda de Ferrol obriga a desaloxar seis persoas e calcina dúas habitacións

O incendio nunha vivenda de Ferrol obriga a desaloxar seis persoas e calcina dúas habitacións

Seis persoas que pernoitaban foron desaloxados, segundo os Bombeiros de Ferrol

O lume declarouse contra as 2:30 da madrugada e quedou sufocado unhas dúas horas despois

Os dous andares do edificio quedaron afectados, dous cuartos polo lume e o resto pola acumulación de fume

 

G24.gal 24/12/2024 04:57 Última actualización 24/12/2024 14:06

O incendio comezou contra as dúas e media da madrugada neste edificio situado na avenida do Rei de Ferrol. Un particular contactou co 112 e alertou de que estaba a arder un piso. Entón activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración dos axentes da Policía Nacional e dos Bombeiros de Ferrol.

"Cando chegamos alí, observamos que había un lume xeneralizado, que probablemente comezara no andar de abaixo e que se propagara ao andar superior", conta Enrique Súarez. Xefe de Bombeiros de Ferrol.

Ao chegar, xa atoparon fóra do inmoble os seis ocupantes, un deles recibiu asistencia médica por unha ferida nun pé. Mentres, os bombeiros realizaron os labores de extición. 

"Tiveron que atacarse ao mesmo tempo mediante dous equipos de extinción. Unha vez rematado, procedemos a ventilar e a comproibar toda a estancia e a remover os cascallos, que presentaba risco de caer".

Remataron os seus traballos contra as seis da mañá, pero, por precaución, os afectados quedaron realoxados nun hotel.

"As persoas tiveron que realoxarse, porque é mellor que nos primeiros momentos, mentres os gases e as condicións da vivenda non melloren, permanezan fóra, pero pronto volverán á súa vivenda".

No baixo do edificio hai unha academia de idiomas que non sufriu dano ningún e que está a desenvolver as súas actividades con total normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade