Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a posible relación co narcotráfico dunha lancha con tres motores e un tractor localizados en Vilanova

Investigan a posible relación co narcotráfico dunha lancha con tres motores e un tractor localizados en Vilanova

O subdelegado do Goberno en Pontevedra di que a operación segue aberta

G24.gal 26/12/2024 13:14 Última actualización 26/12/2024 14:40

O vixilante da praia de Rego do Alcalde deu o día de Noiteboa cun tractor varado. Os feitos foron postos en coñecemento da policía local de Vilanova de Arousa. Non era o único achado.

No peirao había unha lancha equipada con tres potentes motores, aparentemente abandonada e mal tapada cunha lona. Posteriormente, a Garda Civil acoordou o lugar. Algúns veciños soprendíanse, outros, non tanto. 

Máis de 24 horas despois da intervención das forzas de seguridade, ningún vehículo se moveu do sitio, pero si as mareas, que van estragando definitivamente o tractor, que non pertence a ningunha das confrarías da zona. As autoridades non aclaran se pensan retiralos, nin que pesquisas, controis ou vixilancias se levan a cabo.

Todo apunta a que unha operación relacionada moi posiblemente co narcotráfico se ía desenvolver aproveitando a festividade do Nadal. Mais neste momento a investigación está aberta e o mutismo é absoluto.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, detallou este xoves nun acto na Illa de Arousa, que a operación está aberta e investíganse uns feitos que "parecen vinculados directamente con operacións de narcotráfico".

Así mesmo, sinalou que, polo momento, non hai ningunha persoa detida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade