Buscan dous homes que roubaron un camión cargado de aceiro no polígono de Baión, en Vilanova de Arousa
Buscan dous homes que roubaron un camión cargado de aceiro no polígono de Baión, en Vilanova de Arousa
Buscan dous homes que roubaron un camión cargado de aceiro no polígono de Baión, en Vilanova de Arousa
En total, o roubado ascende a máis de 400.000 euros
A empresa denunciou os feitos ante a Garda Civil
A Garda Civil busca dous homes que roubaron un camión cargado de aceiro no polígono de Baión, en Vilanova de Arousa.
Foi pola tarde e o roubo perpetrouse en apenas 15 minutos. Dous encapuchados entraron nunha empresa do polígono dedicada á reparación e fabricación de maquinaria industrial. Fixérono saltando o muro.
Despois romperon a alarma e o motor do portal ata que conseguiron abrilo. Deste xeito puideron levar un camión guindastre de tres eixes, que estaba cargado para transportar un pedido de tubaxes de refrixeración para unha conserveira.
Os propietarios da empresa consideran que os ladróns sabían moi ben o que facían, xa que actuaron con moita rapidez sabendo do valor do vehículo e o aceiro que tiña no interior.
Joel Fernández, un dos responsable da empresa, confirmounos que o valor do roubado é moi elevado. Díxonos que a máquina completa está valorada en máis de dous millóns de euros e que só as tres tubaxes que levaron os ladróns custan entre 400 mil e 500 mil euros.
Os ladróns cortaron a alarma, polo que os propietarios non se decataron do roubo ata o domingo. Cando revisaron as imaxes da cámaras de seguridade, quedaron sorprendidos pola velocidade coa que actuaron.
Joel Fernández contounos que os cacos cortaron a alarma, rebentaron o motor do portón e fixeron unha ponte no motor de arranque en menos de 15 minutos.
Dende Calmear laméntanse porque levaban tempo reclamando ao Concello máis medidas de seguridade nos accesos ao polígono industrial.
A Garda Civil xa está a analizar as imaxes captadas polas cámaras de seguridade para intentar identificar os autores do roubo.