O Rácing recibiu o pulo anímico da afección no día de San Xiao
O Rácing recibiu o pulo anímico da afección no día de San Xiao
A bancada do da Gándara, con capacidade para uns 700 afeccionados, practicamente encheuse
O Rácing aproveitou a festividade local de San Xiao para facer unha xornada de portas abertas no adestramento do primeiro equipo e a afección respondeu. A bancada do da Gándara, con capacidade para uns 700 afeccionados, practicamente encheuse.
Todo levantou unha grande expectación, en especial entre os máis pequenos, que en todo momento animaron os xogadores. "Bebé, que bo es" dixéronlle ao caboverdiano cada vez que anotaba un gol nos exercicios de ataque que fixo o equipo, o que foi agradecido polo xogador cun saúdo á bancada.
O mellor chegou ao final da sesión de adestramento, xa que o club habilitara unha zona para que os afeccionados puidesen achegarse aos xogadores. Todos pasaron por alí para asinar autógrafos, camisetas, cromos ou facer fotos. Os xogadores sempre estiveron á disposición dos afeccionados e en todo momento cunha grande amabilidade.