A eiruga procesionaria afecta xa varios parques galegos
A eiruga procesionaria afecta xa varios parques galegos
Aconsellan non levar os cans soltos nin sen bozo para evitar os perigos
A eiruga procesionaria está xa moi patente nalgúns parques galegos, entre eles, o parque canino de Canido, en Ferrol.
"Eu a este parque xa non o levaba por mor dos piñeiros. Se hai piñeiros, hai procesionaria".
Porén en canto detectaron a súa presenza, o Concello de Ferrol, ao igual que outros municipios galegos, comezou a tomar medidas. O certo é que este ano a eiruga procesionaria puxo en alerta os donos das mascotas uns meses antes do habitual.
"É unha das consecuencias do cambio climático", asegura Felipe Vázquez, veterinario.
Os donos dos cans extreman xa as precaucións para evitaren riscos.
"Eu lévoo sempre con correa, evidentemente". "O can tende a cheirar e pode que se lle meta unha no interior".
E as consecuencias poden ser moi graves. Por iso, acudir ao veterinario cando antes é fundamental.