Cristóbal Parralo despídese cun emotivo comunicado nas súas redes sociais
Cristóbal Parralo despídese cun emotivo comunicado nas súas redes sociais
Parralo: "Foi un privilexio formar parte desta familia e vivir esta experiencia única"
Cristóbal Parralo, técnico responsable de levar o Rácing de Ferrol de regreso ao fútbol profesional, compartiu unha emotiva mensaxe de despedida tras a súa recente saída do club.
Nun post publicado na súa conta oficial de Instagram onte á noite, o adestrador expresou o seu agradecemento cara á institución, os xogadores e a afección que o acompañaron na súa traxectoria en Ferrolterra.
"Foi un privilexio formar parte desta familia e vivir esta experiencia única".
"Grazas á dirección deportiva por confiar en min, ao meu corpo técnico polo seu compromiso, xa todos os traballadores pola súa proximidade e profesionalidade", engadiu.
O exadestrador non quixo esquecer aos xogadores que pasaron polas súas mans neste período, así como á afección, a quen dedicou unhas palabras cheas de agarimo.
"Sempre teredes un lugar especial no meu corazón. Opa Rácing!"
A despedida de Parralo chega nun momento de transición para o equipo, que esta semana presentou ao seu novo adestrador Alejandro Menéndez tras anunciar a destitución do técnico.
👋 Despedida de Cristóbal Parralo en Instagram
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 23, 2025
👉 Foi un privilexio formar parte desta familia e vivir esta experiencia
👉 Grazas á dirección deportiva por confiar, ao meu corpo técnico polo compromiso, e a todos os traballadores
👉 Sempre teredes un lugar no meu corazón 💚 pic.twitter.com/NKmWrWlkkK