Álex López deixa o fútbol, pero seguirá vencellado ao Rácing
Álex López deixa o fútbol, pero seguirá vencellado ao Rácing
Continuará sendo un activo fundamental ao poñer toda a súa experiencia e coñecemento ao servizo do Rácing
Álex López deixará de vestirse de curto para asumir outras funcións dentro do organigrama do Rácing. Quen foi líder do racinguismo e do equipo no campo puxo á disposición da entidade a súa ficha federativa para que o equipo se reforce con vistas ao segundo tramo do campionato e lograr así ese obxectivo polo que el tanto loitou e na súa consecución foi unha peza imprescindible: que o Racing se asente no fútbol profesional.
O seu non é un adeus, posto que continuará sendo un activo fundamental ao poñer toda a súa experiencia e coñecemento ao servizo deste proxecto.
A próxima semana, o club e Álex López comparecerán publicamente para brindarlle un recoñecemento á altura do que a súa figura significou para o racinguismo tanto dentro como fóra do campo durante toda a súa traxectoria como futbolista.