Bembrive acolle un 3 de febreiro máis a festa do San Brais
Bembrive acolle un 3 de febreiro máis a festa do San Brais
Máis de 25 furanchos están abertos para a ocasión
Os devotos veñen bendicir o pan e pedir polas súas gorxas
A parroquia viguesa de Bembrive acolle un ano máis a romaría de San Brais nunha festa multitudinaria con milleiros de persoas chegadas desde diferentes puntos da xeografía galega. Como marca a tradición, veñen bendicir o pan, honrar ao santo e gozar coa boa música e comida dos máis de 25 furanchos abertos para a ocasión.
Os devotos pediron ao santo pola saúde das súas gorxas e as dos seus familiares. Moitos levan anos vindo ata Bembrive o 3 de febreiro, sen faltar nin unha soa vez. A festa transcende ao relixioso e é tamén lugar de encontro entre familias e amigos chegados desde vilas de toda Galicia.
"Levo desde hai 14 anos vindo porque teño un amigo que é dunha vila que está preto. Cada ano vimos máis persoas", conta un home que goza cos furanchos.
O máis típico desta festividade é sen dúbida o cocido, aínda que hai variedade para todos os gustos. E, como non, a música inunda todos os recunchos de Bembrive.