Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eddahchouri: "Cando un club como o Deportivo vén por ti, é unha decisión moi fácil"

Eddahchouri: "Cando un club como o Deportivo vén por ti, é unha decisión moi fácil"

Eddahchouri, que se definiu como un futbolista "bastante completo" e "versátil", evitou marcarse un obxectivo de goles

G24.gal 05/02/2025 11:59 Última actualización 05/02/2025 12:05

O dianteiro neerlandés Zakaria Eddahchouri, un dos reforzos invernais do R. C. Deportivo, recoñeceu este mércores que non dubidou en aceptar a oferta do equipo branquiazul cando lle expuxeron a posibilidade de dar o salto ao fútbol español.

"Cando un club da altura do Deportivo vén a por ti, é unha decisión moi fácil".

Eddahchouri, exfutbolista do SC Telstar, dixo nunha conferencia de prensa que "foi un si desde o principio. Veño a unha liga moi importante, a unha das ligas con máis nivel táctico e técnico".

O atacante debutou coa camiseta do Dépor na vitoria do seu equipo ante o Éibar en Ipurúa.

"Produciuse nun momento complicado no partido, pero o importante era sacar os tres puntos. Había que defender máis que atacar, pero conseguir os tres puntos era o importante"

Eddahchouri, que se definiu como un futbolista "bastante completo" e "versátil", evitou marcarse un obxectivo de goles na súa primeira etapa no fútbol español.

"Non penso nunha cifra de goles, son un xogador que tenta dar o máximo e facelo o mellor posible. Cando me miro a min mesmo e compárome con outros, síntome un futbolista moi dinámico. Podo xogar na área, podo xogar desmarcándome por detrás da defensa rival, son bo no xogo asociativo e tamén me gusta tirar e crear ocasións para min ou para os meus compañeiros", explicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar