Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jesús Ruiz volve manter a porta a cero e destaca no regreso triunfal do Rácing

Jesús Ruiz volve manter a porta a cero e destaca no regreso triunfal do Rácing

"Estabámolo pasando moi mal", confesou no micrófono da Radio Galega despois de gañaren no campo do Levante (0-1)

G24.gal 04/02/2025 20:14

O Rácing volveu gañar mes e medio despois e sumou tres puntos de ouro na súa pelexa pola salvación, ademais logrouno ante un Levante que estaba invicto na súa casa. Grande estrea para o novo técnico, Alejandro Menéndez, que arranca a súa etapa no banco racinguista con vitoria. O único gol do partido foi este de Dorrio no minuto oito.

A partir de aí, os ferroláns lograron manter a portería a cero e foi grazas á espectacular actuación do seu gardameta, Jesús Ruiz. Parouno todo e foi decisivo para lograr unha vitoria que pon a permanencia a cinco puntos e cun partido pendente ante o Burgos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade