Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis de la Fuente nega que participase no gabinete de crise polo bico de Rubiales

Luis de la Fuente nega que participase no gabinete de crise polo bico de Rubiales

Luis de la Fuente desvinculouse das xestións realizadas a nivel interno por mor do ocorrido

G24.gal 04/02/2025 13:54 Última actualización 04/02/2025 14:00

O seleccionador de fútbol, Luis de la Fuente, negou que participase na reunión de crise que tivo lugar no despacho de Luis Rubiales tres días despois do bico que deu a Jenni Hermoso tras a final do Mundial en 2023, e desmarcouse de calquera xestión realizada respecto diso na Federación.

De la Fuente rexeitou que estivese presente na reunión na que o situou a responsable de prensa da selección feminina, Patricia Pérez, e que ela cualificou como "encerrona", na que dixo que Rubiales foi indicando frases que podía engadir ás súas respostas nun informe interno da Federación sobre o bico. El, dixo, estaba na Federación con Rubiales, pero noutra reunión de traballo "noutro despacho", e que o expresidente da Federación "saía e entraba, cando tiña tempo mo dedicaba a min"

Na súa declaración como testemuña na Audiencia Nacional, que acolle o xuízo a Rubiales e a tres exaltos cargos da Federación, Luis de la Fuente desvinculouse das xestións realizadas a nivel interno por mor do ocorrido, onde a Fiscalía ve un sinal das coaccións que atribúe aos acusados.

De la Fuente, recentemente renovado á fronte do combinado masculino, rexeitou que aquel 23 de agosto el estivese unhas cinco horas nunha estancia contigua ao despacho de Rubiales para falar con el exclusivamente dunha convocatoria prevista dez días despois.

Dixo que o expresidente entraba e saía do seu despacho e atendíao cando tiña posibilidade, pero negou saber de que trataban dentro, nin cruzar unha palabra con Patricia Pérez; só sabe que ela asistiu á devandita reunión, dixo, pero "nunca" escoitou a Rubiales ler as súas preguntas e respostas.

De la Fuente manifestou que non foi consciente da "dimensión" do ocorrido ata que chegou a España.  Dixo que se enterou "no avión pero eu non era consciente do dimensión que tiña esa actuación"

Antes declarou o encargado de elaborar ese informe de Integridade que se pechou sen ningunha medida para Rubiales. Recoñeceu que non falou coa xogadora e que todo sería diferente de contactar con ela. Miguel García Caba, exdirector de Integridade mantivo que lle encargaran  "facer un informe interno, sen eficacia xurídica. Se tivera o testemuño da señora Hermoso xa lle garanto que o informe sería rotundamente contrario ao que dispoñía".

O que era responsable de comunicación mantivo que Jenni Hermoso accedeu a publicar o primeiro comunicado que restaba importancia ao bico. E desentendeuse do resto dos comunicados e vídeos que se quixeron facer porque, dixo, non se fiaba dea xogadora á que culpa do seu despedimento.  Considero que a señora Hermoso é unha persoa bastante influenciable e bastante manipulable" , dixo Pablo García Cuervo.

O psicólogo da selección, referendou o dito no informe, en que consideraba que "aínda que pouco edificante, o bico era compatible cun simple acto de amizade, confianza ou efusividade despois de gañar un mundial... compatible, matizou, non significa que sexa así"

Foron as testemuñas dunha vista intensa, en que o xuíz tivo que intervir varias veces durante as declaracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade