Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno avisa a Louzán: "Se se ratifica a condena por prevaricación, haberá eleccións"

O Goberno avisa a Louzán: "Se se ratifica a condena por prevaricación, haberá eleccións"

A ministra Pilar Alegría declarou que o Goberno actuará "con arranxo" á Lei do Deporte

G24.gal 29/01/2025 14:14 Última actualización 29/01/2025 14:18

A ministra Pilar Alegría declarou que o Goberno actuará "con arranxo" á Lei do Deporte se se ratifica a condena a Louzán o próximo 5 de febreiro. 

Pilar Alegría, ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, declarou este mércores que se o próximo 5 de febreiro o Tribunal Supremo "ratifica a condena" por prevaricación a Rafael Louzán, presidente da Real Federación Española de Fútbol, desde o Goberno actuarán "con arranxo" á Lei do Deporte e convocaranse eleccións.

A súa continuidade á fronte da RFEF depende da resolución que faga o 5 de febreiro o Tribunal Supremo sobre un recurso relacionado co caso de prevaricación que protagonizou cando era presidente da Deputación Provincial de Pontevedra polo Partido Popular na concesión dunha subvención de case 87.000 euros para remodelar o estadio de Moraña.

"Levamos uns anos trasladando unha imaxe desde logo nada construtiva. Todos temos moi fresco na memoria o que pasou cos anteriores presidentes da federación. É o que votaron e elixiron os asembleístas. Nós imos esperar a esa vista oral que se vai celebrar o 5 de febreiro e, se se ratifica esa condena de sete anos por prevaricación, nós actuaremos conforme á Lei do Deporte e haberá que volver convocar eleccións á Federación", dixo a ministra Pilar Alegría nunha entrevista na Cadena SER.

Louzán fíxose coa presidencia da RFEF o pasado 16 de decembro tras vencer nos comicios a Salvador Gomar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade