Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dirección nacional de Vox reafirma o liderado de Abascal e nega falta de democracia interna

A dirección nacional de Vox reafirma o liderado de Abascal e nega falta de democracia interna

A renuncia de Juan García-Gallardo evidencia "discrepancias" coa cúpula da formación política

Feijóo cre que a renuncia de García-Gallardo demostra que "algo se move en Vox"

G24.gal 04/02/2025 14:41

Juan García-Gallardo abandona unha carreira política en que chegou a ocupar a vicepresidencia de Castela e León. Unha renuncia que se produce, di, polas discrepancias coa dirección nacional de Vox, liderada por Santiago Abascal. O seu substituto, David Hierro, réstalle importancia á súa marcha.

"O líder de Vox chámase Santiago Abascal porque Vox é un partido nacional. Non ten baronías nin acepta chantaxes nin de fóra nin de dentro".

A marcha de Gallardo súmase á renuncia de destacados cargos da formación nos últimos anos. Desde a dirección nacional negan a existencia dunha crise interna e defenden os principios do partido.

 "Vox é un partido que se consolidou grazas á nosa fidelidade a uns principios e a un programa", responde Pepa Millán.

E limitan as discrepancias con Gallardo á súa negativa a asinar a expulsión de dous deputados críticos con Santiago Abascal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade