Sumar pídelle ao Goberno máis intervención, e o PP crítica o seu exceso
Sumar pídelle ao Goberno máis intervención, e o PP crítica o seu exceso
O socio de Goberno propón prohibir a compra de vivenda para especular
Os populares dinlle a Sánchez que sobar o mercado sobe os prezos
Podemos tacha de efectistas os anuncios de Pedro Sánchez e pide máis intervención no mercado da vivenda.
O seu voceiro, Pablo Fernández, cre que a clave é a expropiación do uso da vivenda aos grandes propietarios e obrigalos a poñer o 50 % das súas vivendas en alugueiro social.
Sumar prohibiría toda compra especulativa, pero celebra o cambio de ton do seu socio de goberno.
O ministro de Cultura Ernest Urtasun subliñou: "Hoxe oímos por primeira vez medidas de intervención do mercado da vivenda. Iso é un cambio de ton, veñen ás posicións de Sumar, e é verdade que nas medidas que se anunciaron hai que ir moito máis aló".
VOX interpeta os anuncios como o ultimo coello que Sánchez saca da chistera. O seu presidente, Santiago Abascal, lamentou: "Desde que goberna, a vivenda non fixo máis que aumentar o prezo, as ocupacións non fixeron máis que aumentar".
O PP cre que o Goberno perservera no erro e lamenta o intervencionismo das medidas.
Borja Semper, voceiro popular, cre que sobar o mercado, máis políticas intervencionistas, o que xera é prezos máis caros e menos oferta. "Desde unha pancarta non se solucionan problemas complexos como o da vivenda. E Sánchez non solta a pancarta".
Os populares insisten en que a solución debe pasar por baixar impostos aos compradores, liberar solo e dar incentivos aos propietarios para poñer a vivenda en alugueiro.