Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha explosión de gas nun bloque de vivendas en Navarra deixa nove feridos

Unha explosión de gas nun bloque de vivendas en Navarra deixa nove feridos

Unha nena de 13 anos e un mozo de 22 están ingresados na UCI 

250 veciños tiveron que ser desaloxados 

G24.gal 14/01/2025 07:25

O estado en que quedaron as vivendas dá idea da magnitude da explosión. Foi na localidade navarra de Noain, preto de Pamplona, e afectou a 30 portais, uns cen pisos dúplex. 

A peor consecuencia foron os feridos: nove persoas, e dúas delas están na UCI, unha nena de 13 anos e un mozo de 22.  

A explosión ocasionouna unha fuga de gas, e a Policía Foral e a Garda Civil están investigando de forma conxunta a orixe e as causas.

Douscentos cincuenta veciños pasaron a noite fóra das súas vivendas.  A maioría en casas de familiares e veciños, e algúns foron aloxados en hoteis. 

As vivendas continúan pechadas. Nas próximas horas vanse cuantificar os danos, e a área quedou precintada sen subministración de gas nin de electricidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade