Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous nenos e a súa nai ao derrubarse un edificio na provincia de Nápoles

Morren dous nenos e a súa nai ao derrubarse un edificio na provincia de Nápoles

A explosión, que se produciu o domingo pola mañá, foi provocada por unha fuga de gas

G24.gal 22/09/2024 21:03 Última actualización 22/09/2024 21:26

Xa son tres as persoas falecidas ao virse abaixo un edificio na localidade de Saviano, na provincia de Nápoles. Entre as vítimas, todas da mesma familia, hai dous irmáns menores de idade: unha nena de catro anos e un neno de seis.

Posteriormente, os equipos de rescate atoparon baixo os cascallos o corpo sen vida da súa nai. O fillo menor da familia, de dous anos, foi rescatado con vida xunto ao seu pai, aínda que este último atópase en estado moi grave.

O edificio derrubouse debido á explosión dunha bombona de gas no segundo andar do inmoble. Alí vivía a avoa dos cativos, de 80 anos, á que seguen buscando entre os cascotes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade