Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecen once persoas no atropelo masivo nun festival de rúa en Vancouver

Falecen once persoas no atropelo masivo nun festival de rúa en Vancouver

O condutor do coche, un veciño da cidade de 30 anos, foi arrestado no lugar

A Policía descarta a motivación terrorista pero ten claro que houbo intencionalidade

Os servizos de emerxencia e a Policía no lugar do atropelo. REUTERS/Jennifer Gauthier
G24.gal 27/04/2025 08:53 Última actualización 27/04/2025 18:54

A Policía canadense informou este domingo que once persoas morreron e decenas quedaron feridas no atropelo masivo que se produciu a última hora do sábado na cidade de Vancouver, no oeste do Canadá.

As forzas de seguridade confirmaron que un home atacou co coche unha multitude que participaba no festival da comunidade filipina coñecido como Lapu Lapu. O condutor, un veciño da cidade de 30 anos, foi arrestado no lugar. 

O primeiro ministro canadense, Mark Carney, descartou que exista "unha ameaza activa" sobre a poboación. Segundo dixo nunha comparecencia en Ontario, onde se atopa facendo campaña, o seu goberno cre que o asasino "actuou en solitario".

Descartan a motivación terrorista

As palabras de Carney confirman a información presentada horas antes pola policía de Vancouver, na que descarta con seguridade unha motivación terrorista. Porén, considera que houbo intencionalidade e non se tratou dun accidente.

O atropelo tivo lugar pouco despois das oito da tarde, hora local, nunha rúa ateigada e só unhas horas antes da apertura das urnas para a celebración este luns das eleccións xerais.

Dáse a circunstancia que o líder do socialdemócrata Novo Partido Democrático (NPD), Jagmeet Singh, a terceira formación política nacional, atopábase no festival no momento do atropelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade