Xornada complicada para os equipos galegos da ACB contra os canarios
O Leyma Coruña busca a reacción contra o Gran Canaria despois de sete derrotas consecutivas (20:45 h)
Mañá será a quenda do Río Breogán en Tenerife (13:00 h)
Hai unha semana, os dous equipos canarios da ACB medíronse entre eles. Sete dias despois serán os rivais dos galegos. O perdedor do derbi, o Gran Canaria xogará este serán no Coliseum. Xogará con inquedanza, despois de tres derrotas seguidas en liga. Pero suma xa sete o Leyma, que ten a incógnita do mancado Heurtel e acolle con optimismo a reaparición de Gus Lima. Estivo contra o Zaragoza, no último triunfo local do Leyma. Foi o 26 de outubro.
O gañador do derbi insular foi o Tenerife, o Tenerife do eterno Marcelinho Huertas. Ten 5 derrotas en liga, só unha máis que os líderes. Un equipo moi completo desde o punto de vista ofensivo e ao que terá que facer fronte o Río Breogán con só 9 xogadores, tras a lesión de Toni Nakic.
Competiu o Breogán no partido da primeira volta. Quizais no seu peor momento da temporada, tivo nas mans de Hilliard o lanzamento para levar o triunfo.