Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Casimiro: "Non podemos pensar que está todo feito"

Luis Casimiro: "Non podemos pensar que está todo feito"

Edin Atic será dúbida ata última hora para o partido deste sábado contra o Morabanc Andorra

Foto Breogán
G24.gal 06/03/2025 14:08 Última actualización 06/03/2025 14:14

Luis Casimiro, adestrador del Río Breogán, asegurou este venres que a dura derrota sufrida fronte ao Barça (102-79) no Palau Blaugrana viralle ben ao seu equipo para darse conta de que non se poden relaxar, porque o pode pagar ao non ter garantida a súa permanencia na liga Endesa.

“Dese partido non vou quedar co que todo o mundo viu, que foi un primeiro cuarto extraordinario. A reflexión que lle facía aos xogadores é que quedando tres minutos para finalizar o terceiro cuarto o resultado era 56-53 e fallamos un tiro aberto e unha bandexa. Se podo elixir entre perder co Barça competindo e ter unha vitoria moral ou que nos saquen do campo, prefiro que nos saquen do campo para que nos poñamos en alerta”, asegurou.

Neste sentido, o técnico apuntou á necesidade de recuperar “a humildade” e volver ser “un equipo currante” porque a permanencia aínda non a teñen asegurada.

“Non podemos pensar que está todo feito”, incidiu en conferencia de prensa.

“O partido do Palau xa é historia. Houbo unha resposta inmediata de recoñecemento da situación alí mesmo, e logo trasladárono aos adestramentos porque foron unhas sesións moi esixentes e responderon moi ben”, apuntou o adestrador do Breogán.

Casimiro espera un duelo de "moi dura" fronte ao novo Andorra de Joan Plaza.

“Desde o cambio de adestrador gañaron tres dos seus catro partidos e os tres de maneira consecutiva. Enfrontámonos a un equipo nunha boa dinámica, vai ser un partido moi duro ante un equipo que ten un gran persoal. Os seus últimos resultados di moito dos xogadores que ten”, analizou.

O internacional bosníaco Edin Atic será dúbida ata última hora para o partido deste sábado contra o Morabanc Andorra por unhas molestias no xeonllo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade