Cargando resultados...
Josué Dorrio: "Seguir remando, celebracións poucas"
O extremo do Rácing de Ferrol falou con contundencia tras anotar o gol da vitoria ante o Levante
G24.gal
05/02/2025 14:02
Última actualización 05/02/2025 14:23
O Rácing de Ferrol conseguiu unha ansiada vitoria este pasado luns ante o Levante na cal Josué Dorrio foi o principal protagonista. O extremo anotou o gol que lle deu os 3 puntos aos ferroláns. O xogador amosouse contundente ante a situación:
"Seguir remando, celebracións poucas. Todo foi moi bonito, volvemos a gañar, mais non vale de nada se non mostramos outra vez esa cara".
"Máxima humildade e máxima concentración e traballar como fixemos esta semana para conseguir a vitoria".
Os de Ferrol mediránse este vindeiro sábado ao Castellón na Malata.