Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Español cualifica de "inaceptable" o tocamento de Mapi León a Caracas no derbi

O Español cualifica de "inaceptable" o tocamento de Mapi León a Caracas no derbi

O Español condenou, no seu comunicado, "calquera forma de violencia, xa sexa física ou verbal"

G24.gal 10/02/2025 17:41 Última actualización 10/02/2025 18:12

O Español cualificou de "inaceptable" o tocamento que recibiu a xogadora branquiazul Daniela Caracas por parte da futbolista do Barcelona María Pilar 'Mapi' León no derbi do domingo, disputado na Cidade Deportiva Dani Jarque.

A xogadora azulgrá, durante unha xogada do encontro, realizou, segundo argumentou o club periquito nun comunicado, "un xesto que vulnera a intimidade" da colombiana Daniela Caracas. Nas imaxes do partido pódese ver como Mapi León toca as partes íntimas da branquiazul.

O Español explicou que a súa futbolista non reaccionou nese momento "por mor do impacto que lle causou a situación". De todos os xeitos, a entidade engadiu que posteriormente si tomou "conciencia da gravidade do xesto" e controlou a súa reacción para evitar unha sanción.

O club branquiazul vai poñer poñer á disposición de Daniela Caracas toda a axuda dos servizos xurídicos no caso de que a xogadora colombiana desexe realizar algún movemento adicional. O Español condenou no seu comunicado "calquera forma de violencia, xa sexa física ou verbal".

 

A xogadora do Barcelona sacou un comunicado no que asegura que en ningún momento "vulnerei nin tiven intención de vulnerar ... E nunca se me pasaría pola cabeza tocar as partes íntimas dunha das miñas compañeiras, vai en contra dos meus principios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade