Cargando resultados...
Irene Paredes volve con España e Jenni Hermoso queda fóra en pleno xuízo polo bico de Rubiales
Tere Abelleira está convocada para os dous primeiros partidos da fase de grupos da liga de Nacións
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250212/ireneparedes-junto-jenni-hermoso-encuentro_98.jpg)
G24.gal
12/02/2025 12:05
Última actualización 12/02/2025 12:21
A central Irene Paredes é a gran novidade da lista de Montse Tomé, seleccionadora nacional, para os dous primeiros partidos da fase de grupos da liga de Nacións, na que non está Jenni Hermoso. Continúa a galega Tere Abelleira
Tomé anunciou este mércores en Paiporta, a zona cero da dana que arrasou gran parte da provincia de Valencia o pasado 29 de outubro, a lista de internacionais convocadas para os partidos contra Bélxica do 21 de febreiro no Ciutat de València e contra Inglaterra cinco días despois, o 26, en Wembley, nos que España comezará a defensa do título.