Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca cede un polémico empate no último minuto co Athletic

O Deportivo Abanca cede un polémico empate no último minuto co Athletic

As coruñesas protestaron moito o gol do empate a dous por unha posible falta

Olaya Rodríguez e Ana de Teresa adiantaran por dúas veces ás de Irene Ferreras

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 28/09/2024 22:55

O Deportivo Abanca terá que seguir agardando pola primeira vitoria desta nova etapa na máxima categoría. Contra o Athletic as coruñesas fixeron un bo partido, e adiantáronse por dúas veces, a segunda xa no treito final, pero encaixaron o gol do empate nunha acción polémica no minuto 90, que deixou á bancada local moi amolada.

Comezou o encontro con alternativas, e cun paradón de Inés Pereira, que lle deu paso ao primeiro gol local. Marcouno Olaya Rodríguez pouco antes da media hora. Pero o Athletic golpeou á volta do descanso. Un espectacular lanzamento de falta de Maite Zubieta ao que non puido responder a porteira. 

O segundo gol levou a sinatura de Ana de Teresa, que resolveu con moita calidade unha contra no minuto 83. Parecía que os puntos quedaban en Riazor pero, no 90, Maite Valero culminaba unha acción á saída dun córner co dous a dous, moi protestado polas locais por unha posible falta no primeiro remate. O gol subiu ao marcador, e deixa ao Deportivo Abanca con dous puntos logo de catro xornadas neste esixente inicio de temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade