Os galegos da ACB prepáranse para outra xornada esixente
O Breogán recibe o colíder, o Unicaja, a partir das 18:00 h
O Leyma Coruña xoga na pista do Joventut (20:45 h)
Luis Casimiro acabou a conferencia de prensa e achegouse a conversar. O técnico do Breogán está contento coa fichaxa de Toure. Pivote de 2,13, en condicións xa de debutar.
E antes de recibir o colíder, Unicaja, rescatou un par de ensinanzas que lles deixou a última xornada. A da famosa canastra da mopa de Kramer e a derrota en Tenerife.
As seis comeza, Breogán-Unicaja co factor físico e o ambiente do pazo como outros elementos decisivos. E ás nove menos cuarto será a quenda do Leyma. Visita
Badalona coa mesma cara de preocupación de Epi e como pechacancelas da Liga. Chega despois de perder ante Gran Canaria e chega a voltas coas arbitraxes...
Un Leyma que vén de asinar ó dominicano Angel Núñez, ala pivote de 2,03. Non vai xogar. Chega esta tarde á Coruña. E que sabe que enfronte vai ter o quinto clasificado da Liga, o Joventut... Que xa lles gañou no Coliseum, con xogadores diferenciais como Decker. E que ten a dúbida de Pustovyi, a voltas cunha doenza nas costas.