Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta perderá a Hugo Álvarez para os vindeiros tres partidos

O Celta perderá a Hugo Álvarez para os vindeiros tres partidos

A escordadura de xeonllo farán que o ourensán non poida estar contra o Atlético, o Osasuna e o Xirona

G24.gal 11/02/2025 20:21

O Celta perde a Hugo Álvarez alo menos tres semanas. Ese é o tempo estimado de baixa para o ourensán. O celeste lesionouse no último partido ante o Betis e non estará na lista de Claudio para viaxar ao Metropolitano. Tamén se perdera os compromisos ante Osasuna e probablemente Xirona. Segundo as estimacións dos servizos médicos do Celta podería xogar diante do Leganés, a segunda semana do mes de marzo. 

Hugo Álvarez sofre unha escordadura de xeonllo dereito. Lesionouse nunha acción tras a entrada do lateral Ángel Ortiz no partido contra o Betis. Aínda quedaban trinta minutos do encontro pero Álvarez forzou para aguantar ata o remate. De feito, participou en dous goles do Celta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade