Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Español responde a Mapi León: "As imaxes son clarísimas"

O Español responde a Mapi León: "As imaxes son clarísimas"

Dolors Ribalta mostrou todo o seu apoio á colombiana Daniela Caracas e non descartou unha denuncia

G24.gal 11/02/2025 15:55 Última actualización 11/02/2025 16:00

A responsable do fútbol feminino do Español, Dolors Ribalta, respondeu ao comunicado da xogadora do Barcelona Mapi León, que nega tocamentos á branquiazul Daniela Caracas no derbi do domingo, e afirma que as imaxes son "clarísimas" e, por tanto, cualifica o ocorrido de "inadmisible".

Ribalta asegurou que o vídeo do partido non permite debate.

"Viuno todo o mundo e non deixa espazo para a dúbida".

 

A dirixente branquiazul apunta que a sociedade "afortunadamente" avanzou e xa non se atopa "na época de Míchel e Valderrama". 

"Non é un tema de cores, é un tema de respecto e de dignidade", engadiu a responsable do fútbol feminino do Español.

Por outra banda, Dolors Ribalta mostrou todo o seu apoio á colombiana Daniela Caracas e non descartou unha denuncia. 

"Actuaremos en función do que a xogadora nos pida e estaremos ao seu lado en todo momento. Queremos que se recupere e frear os insultos que está a recibir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade