Cándido Carrera gaña en Qatar como copiloto de Al-Attiyah
Carrera: "Houbo entendemento moi bo, o funcionamento co equipo está a ser magnífico"
O copiloto galego Cándido Carrera ganou con claridade a carón de Al Atillah en Qatar. Acababan de vencer no rally de Omán e nesta segunda proba como parella, Al Atillah e Cándido Carrera foron os máis rápidos. Avantaxaron en máis dun minuto o segundo clasificado, o noruegués Ostberg.
Nunha proba con voos espectaculares, rapidamente se fixeron coa primeira posición e cun Skoda Fabia rally2 dominaron a proba ata o remate.
"Houbo entendemento moi bo, o funcionamento co equipo está a ser magnífico"
"Non esperas que os bos resultados cheguen tan rápido"
Nasser Al-Attiyah que viña de correr o Dakar onde quedou descartado para o triunfo bastante antes do final, recuperou o camiño da vitoria cun galego, de Salvaterra, Cándido Carrera.