Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cagiao correrá o Supercampionato: "Temos un ritmo moi alto e podemos competir cos mellores"

Cagiao correrá o Supercampionato: "Temos un ritmo moi alto e podemos competir cos mellores"

O de Narón cre que chegou a hora de pechar a porta do asfalto e dar un paso máis na súa carreira

G24.gal 13/11/2024 16:07 Última actualización 13/11/2024 16:13

O naronés Jorge Cagiao tiña unha espiña cravada na Copa de España de Rallys de Asfalto.

"O ano pasado quedamos ás portas, perdémolo só por un punto".

De xeito que dominaron catro das cinco probas celebradas e xa non precisan ir á última. O seu rechamante Alpine non fallou.

"Para Alpine tamén é moi satisfactorio. Levaba 51 anos sen títulos".

O ano que vén estará no Supercampionato.

"Temos un ritmo moi alto e podemos estar competindo cos mellores".

O de Narón non quere vender fume, pero cre que chegou a hora de pechar a porta do asfalto e dar un paso máis na súa carreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade