Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Ares retírase temporalmente para coidar a súa saúde mental

Iván Ares retírase temporalmente para coidar a súa saúde mental

Iván Ares: "Non é un adeus, é un ata pronto"

O piloto carralés, que estaba a disputar o Supercampionato de España de Rallys

G24.gal 02/09/2024 14:19 Última actualización 02/09/2024 14:25

Iván Ares acaba de anunciar que deixa os rallys por un tempo indefinido. O piloto carralés, que estaba a disputar o Supercampionato de España de Rallys, comunicou a súa decisión en redes sociais alegando: "A miña saúde mental foise desgastando e é algo que non sei xestionar só", polo que decidiu deixar de correr para centrarse na súa recuperación. Ares empezou o seu comunicado dicindo que "ás veces é necesario parar".

"É a frase máis difícil que exterioricei nunca. Quero dar as grazas a todos os que estades aí en cada rally pase o que pase. A miña marca, Hyundai; os meus patrocinadores; o meu equipo; a miña familia e toda a afección. Sen o voso apoio nunca chegaría ata onde estou agora", continuou.

"É por isto que non estaremos na saída do Rally Princesa de Asturias esta semana. Foi unha decisión moi complicada, pero agora mesmo é o mellor para min, para todo o equipo Ares Racing e para a miña familia. Non é un adeus, é un ata pronto. Volverei, diso podedes estar seguros. Quero desexarlle moita sorte aos meus compañeiros no que resta de tempada, seguireivos de preto. Vémonos moi pronto.", finalizou.

"Precisamente por todas esas persoas, creo que é o momento de dar un paso atrás para coller o impulso, as ganas e a motivación que me están faltando desde hai moitos meses. Sen darme conta, moi lentamente, a miña saúde mental foise desgastando, e a realidade é que é algo que agora mesmo non sei xestionar só", explicou o campión de España en asfalto no 2017.

Debido a ese desgaste mental, Iván sinalou que "a única solución é poñerme en mans profesionais, e así o vou facer. A miña cabeza non está ao mesmo ritmo que o meu corpo, e necesito sandarme por dentro para estar ben por fóra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade