Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mural rende homenaxe ás panadeiras de Carral

Un mural rende homenaxe ás panadeiras de Carral

Esta fin de semana celébrase a vixésima edición da Festa do Pan 

G24.gal 10/05/2024 20:57 Última actualización 10/05/2024 21:08

Acompañamos a artista Cecilia Salinas na creación deste mural. Como ela mesma explica, traballa á man alzada calculando e recalculando a cada paso as perspectivas. Primeiro a carbón e logo con pintura á auga.

"Piden que sexa moi pouca cor, que sexa moi tenue, digamos non chamativo e ímolo manter así por Patrimonio por clasicismo, se podemos chamalo así, mantendo as cores do panteón sobre todo".

O mural parte dunha fotografía do libro Fotos para as mil historias de Carral. Unha instantánea dos anos 50 do século pasado onde se ve unha panadeira vendendo o produto estrela do concello.

"Collemos parte desta foto e quixémola plasmar neste mural e queremos tamén que saia o outro buque insignia do noso concello que é po panteón de Carral", sinala Natalia Patiño, concelleira de Comercio de Turismo.

Poñendo en valor así o traballo dun colectivo que hoxe segue a marcar a actividade da localidade.

"O 90 % das nosas mulleres nos anos 50 e tamén agora mesmo dedícanse a este oficio do pan", engade a concelleira de Comercio e Turismo do Concello de Carral.

A pouco para que o mural estea rematado, a obra de arte urbana xa está a levantar expectación entre a veciñanza. Mentres, a escasos metros no campo da feira ultiman os preparativos da Festa do Pan, que desta volta celebra o seu vinte aniversario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar