Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte de tres persoas nas últimas horas en Carballo, Carral e Vilagarcía

Investigan a morte de tres persoas nas últimas horas en Carballo, Carral e Vilagarcía

O cadáver atopado nunha praia de Vilaxoán é da veciña de Vilagarcía que levaba desaparecida desde este martes

En Carballo un técnico do 061 faleceu mentres pescaba

En Carral atoparon o cadáver dunha muller nun regato

O cadáver da muller desaparecida foi atopado nun areal a carón dunha antiga conserveira de Vilaxoán O cadáver da muller desaparecida foi atopado nun areal a carón dunha antiga conserveira de Vilaxoán
G24.gal 08/05/2024 17:51 Última actualización 08/05/2024 20:04

O cadáver da muller de 63 anos desaparecida desde o martes en Vilagarcía de Arousa foi localizado no mediodía deste mércores flotando na beira dunha praia de Vilaxoán, localidade na que residía. O achado produciuse ás 15:30 horas nun areal situado nas inmediacións dunha antiga conserveira, segundo trasladaron fontes próximas ao caso, que confirman que a identidade da falecida corresponde á muller que se buscaba desde o martes. 

En Carballo Un home foi atopado morto na praia da Pedra do Sal. Segundo informa o 112 Galicia, ás 15:10 horas recibiuse aviso dun particular de que había un corpo aboiando na auga, aínda que finalmente foi recuperado da area polos servizos de emerxencias. Así, foron avisados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Protección Civil de Carballo.

Fontes próximas á investigación informan de que a morte apunta a un afogamento aínda que haberá que esperar á autopsia para determinar a causa. O forense ordenou o levantamento do cadáver.

Praia da Pedra do Sal Praia da Pedra do Sal
A muller que faleceu en Carral foi localizada preto dun regato A muller que faleceu en Carral foi localizada preto dun regato
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade