Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous deportistas durante o Mundial de Tríatlon en Torremolinos

Morren dous deportistas durante o Mundial de Tríatlon en Torremolinos

Son un británico de 57 anos e un mexicano de 79, que participaban na categoría de veteranos

Un sufriu un infarto correndo e o outro, mentres nadaba

Imaxe nocturna do Campionato Mundial de Tríatlon en Torremolinos.
G24.gal 17/10/2024 19:55 Última actualización 18/10/2024 14:13

Dobre traxedia no Campionato Mundial de Tríatlon que se celebra en Torremolinos. Dous participantes da categoría de veteranos faleceron por paradas cardíacas, un en natación e outro durante unha carreira. Aínda que a práctica do deporte é beneficiosa para a saúde, non é tan infrecuente que os practicantes sufran de doenzas cardiovasculares.

Un dos falecidos é un británico de 57 anos que infartou mentres corría. O outro é un mexicano de 79 anos que morreu mentres nadaba. Ambos competían na categoría de veteranos, estaban preparados fisicamente e, en teoría, gozaban de boa saúde.

A práctica do deporte é moi recomendable.  

"Desde que comecei a facer deporte atópome moito mellor fisicamente e tamén con moito máis ánimo", di un señor de idade madura que practica nun ximnasio.

Pero non exime de cardiopatías. Como lle pasou a Dani, este ourensán sorprendido por un infarto mentres facía exercicio. 

"Tiña un día completamente normal, fun ao ximnasio facer un pouco de deporte e xa non me lembro de nada máis ata espertar na UCI". 

Hai casos mediáticos como o de Iker Casillas, que se viu obrigado a deixar o deporte profesional por unha cardiopatía. E outros tráxicos como foron a morte dos futbolistas Antonio Puerta ou o do italiano Morosini. Por desgraza, pasa, aínda que non é frecuente.

En todo caso, sempre é mellor asesorarse. Lucía Guisande, monitora de ximnasio, di que sen importar a idade sempre hai exercicios que se poden adaptar ás características e necesidades de cada deportista.

Para afrontar as esixencias dos adestramentos, o corazón dos deportistas pasa por unha serie de cambios adaptativos que se agrupan na chamada síndrome de corazón de atleta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade