Publicador de contidos
Publicador de contidos

A festa do pan de Carral chega á súa vixésima edición

A festa do pan de Carral chega á súa vixésima edición

Os panadeiros da localidade teñen en mente abrir unha escola

G24.gal 12/05/2024 20:53

Que ten o pan de Carral para lograr tanta sona e para estar tan bo?

"Usamos trigo do país, sementado aquí; unha auga especial que vén do monte Xalo e se recolle no río Barcés, e os artesáns", contesta o presidente da Asociación de Panadeiros de Carral.

Que siga habendo artesáns é un dos propósitos da festa do pan de Carral, que chegou á súa vixésima edición. Quen sabe se dos obradoiros que se montan para os nenos nesta festa poden saír futuros panadeiros.

"Si, ao mellor si, non é unha idea mala", asegura un dos pequenos participantes.

O pan é o protagonista da festa, que tamén veu acompañada de música, unha feira medieval e outras actividades.

"Que ten de bo a festa de Carral? todo isto, a xente, o ambiente, a cultura do pan cos nenos", subliña un dos asistentes.

"Xenial, estupenda. Nunca estivera nunha festa tan grande de pan", engade outro visitante.

Os panadeiros de Carral aseguran que polo pan non se paga o que vale e dinnos que cada vez hai menos xente que queira traballar de noite e a man. Por iso teñen en mente abrir unha escola para facer canteira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar