Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Cagiao e Javi Martínez, campións da Copa de España de Rallys de Asfalto

Jorge Cagiao e Javi Martínez, campións da Copa de España de Rallys de Asfalto

Lograron o seu primeiro título pilotando el Alpine A110 R-GT del Alpine Recalvi Rally Team

G24.gal 11/11/2024 15:32 Última actualización 11/11/2024 15:36

O naronés Jorge Cagiao, flanqueado polo copiloto de Salceda de Caselas Javi Martínez, volve reinar no máis alto da Copa de España de Ralis de Asfalto co seu Alpine 110 R-GT do Alpine Recalvi Rally Team.

A segunda posición da dupla galega no Rali da Nucía, por detrás de Robert Virves e Jakko Viilo, permite a Cagiao e Martínez alzarse como campións da Copa de España de Ralis de Asfalto.

"Terminamos nunha fantástica segunda posición tras dar o 120 % desde o primeiro ata o último metro neste rali. Loitamos contra pilotos de talla mundial que teñen un ritmo altísimo. O noso Alpine comportouse como nunca e as sensacións son inmellorables", valoraba o deportista naronés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade