O piloto máis novo do rally de San Froilán: 16 anos e xa soña co Mundial
O piloto máis novo do rally de San Froilán: 16 anos e xa soña co Mundial
Mateo García tamén ten os pés na terra e sabe que o traballo e a constancia son os segredos da maioría dos éxitos
O rally do San Froilán conta este ano coa participación dun piloto de 16 anos: Mateo García, un rapaz que soña con ir ao Mundial pero que tamén ten os pés na terra e sabe que o traballo e a constancia son os segredos da maioría dos éxitos.
Antes de continuar coas probas do rally San Frroilán, Mateo e o seu copiloto repasan os últimos detalles dunha proba deportiva na que este rapaz de 16 anos participa por primeira vez.
Dende ben pequeno gustáballe este mundo. Empezou aos trece nos cars; despois colleuno unha escudería vasca e ese ano gañou o Campionato Galego Kárting Senior e con 14 anos foi o subcampión de Castela e León.
Tamén ten unha bolsa da Federación Galega de Automobilismo para a subida de montaña cun carcrós, quedando no cuarto posto das seis probas que houbo no ano.
Un rapaz que sente respecto pola súa afección.
Gústalle o fútbol, cursa primeiro de bacharelato e quere estudar ADE.
O soño de Mateo é o de participar no Mundial.