Cargando resultados...
Récord de participación no Rally de Noia, con Senra co papel de favorito indiscutible
Hai 157 inscritos nun rally que comeza hoxe ás 20 horas cun tramo urbano na vila de Noia
G24.gal
04/04/2025 16:01
Última actualización 04/04/2025 16:09
Está lanzado o Rally de Noia, a terceira cita do Campionato Galego co favorito indiscutible, Víctor Senra. O Hyundai WRC estase amosando intratable, e o piloto de Dumbría acompañado nesta ocasión por Moncho López de copiloto, tratará de dar outro recital polas terras de Noia, Rianxo e Brión.
Atención ao duelo entre Alberto Meira, cun Skoda que acaba de facer dous segundos no Cocido e Coruña, e Dani Berdomás, que acaba de facer podio con outro Hyundai, pero máis modesto, no rally xerundense da Llana.
Hai récord de participación, 157 inscritos nun rally que comeza hoxe ás 20 horas cun tramo urbano na vila de Noia.