O Cocido inicia o Campionato Galego de Rallys con 3 WRC
Senra, Otero e Pérez pilotarán senllos WRC, puntuando con coeficiente normal segundo o regulamento O Rally do Cocido
Un campionato estelar e que sempre ten interesantes listas de rexistrados. E, un ano máis, atopamos na mesma ata tres pilotos con vehículos World Rally Car. Por unha banda temos ás 8 veces campión rexional Víctor Senra, quen correrá por primeira vez cun Hyundai i20 Coupé WRC xunto a Ramón López como copiloto, partindo como o claro favorito.
Os outros pilotos son Alberto Otero/José Viéitez cun Mini JCW WRC e Jorge Pérez/Manuel Raído cun Ford Festa RS WRC, ambos os World Rally Cars de segunda xeración mentres que o Hyundai é un World Rally Car de terceira xeración, como os Citroën C3 WRC que vimos en mans de Senra e outros pilotos durante 2024.
Ademais destes tres pilotos con monturas WRC, no Cocido veremos a Alberto Meira/Avelino Martínez no seu Skoda Fabia R5, a Daniel Berdomás/Brais Mirón no seu Hyundai i20 N Rally2 collendo quilómetros para a súa tempada no CERA, así como moitos outros pilotos regulares do certame rexional.