Facían rally polo centro de Vigo triplicando a taxa de alcolemia e co carné retirado
O condutor tiña o carné retirado e triplicaba a taxa de alcolemia
Circulaban polo centro de Vigo facendo un circuíto a gran velocidade a bordo dun Porche Panamera. O condutor tiña o carné retirado e triplicaba a taxa de alcolemia. Non hai danos persoais pero os materiais son moi cuantiosos: arrasaron cunha xardineira, con dúas árbores, cun farol fernandino e desastabilizaron unha estada, que corre perigo de caer, o que vai obrigar a cortar parte do carril ascendente da rúa Urzáiz ata que se retire a estrutura.
Ocorreu as sete menos cuarto da mañá en plena rúa Urzáiz e malia o aparatoso da secuencia de impactos non houbo danos persoais, porque o escaso tráfico peonil e de vehículos desas horas evitou un choque ou un atropelo. A solidez do vehículo tamén impediu que o condutor e o acompañante resultasen lesionados.
Varios usuarios dunha vivenda comunitaria de maiores espertaron co estrondo. O vehículo procedía da zona Cervantes-Churruca e cando se produciu o impacto circulaba en sentido contrario.