Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia terá en 2025 un rally de terra sen precedentes: o Rally de Galicia

Galicia terá en 2025 un rally de terra sen precedentes: o Rally de Galicia

Para 2025 o calendario será de oito probas

Ourense e Rías Baixas manteñen o nivel

Iván Ares, Javier Pardo e Jorge Cagiao serán a representación galega

G24.gal 10/12/2024 12:32 Última actualización 10/12/2024 12:39

Galicia prepárase para albergar en 2025 un rally de terra sen precedentes: o Rally de Galicia, con saída na Coruña. Estaría encadrado no Supercampionato de España, que mestura asfalto e terra. Para 2025 o calendario será de oito probas.

Chema Rodríguez: "Esperamos e cremos que pode entrar no Supercampionato e que vai substituír á Terra da Auga".

Ourense e Rías Baixas manteñen o nivel. E esa proba de terra nace coa idea de prolongar no tempo a súa existencia e apuntar a Europa.

O ano que vén volverá haber unha loita interesante. Probablente Alejandro Cachón, vixente campión, e Diego Ruiloba van disputar o mundial. Pero queda Cohete Suárez, volverá con forza Iván Ares, estará Javier Pardo e tamén Jorge Cagiao, que acaba de conquistar o Campionato de España de Asfalto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade