Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os camaróns e os percebes encabezan a lista de produtos máis caros do mercado

Os camaróns e os percebes encabezan a lista de produtos máis caros do mercado

A tres días do comezo das festas do Nadal, o prezo dos mariscos e dos peixes subiu arredor dun vinte por cento

No mercado coruñés da Praza de Lugo os percebes van entre os 65 e os 250 euros o quilo.

G24.gal 21/12/2024 20:58

Os coruñeses que deixaron as compras do menú das festas do Nadal para esta fin de semana  atoparon os prezos algo máis caros que a comezos do mes. 
No mercado da Praza de Lugo algún marisco chegou aos 200 euros o quilo.

O máis caro é o camarón pero tamén é verdade que un quilo de camarón cunde coma dous de cigalas. E o percebe que vai entre os 65 e os  250 e tes para elexir o que queiras, di unha praceira.


As cigalas pagáronse a uns 95 euros o quilo pero non son o máis demandado.

"O produto estrela é a centola".

"A centola vai hoxe a 50  e 55, subiu si, porque non hai centola. Este ano hai moi pouca", contan dúas vendedoras.

As praceiras confirman o encarecemento de todos os produtos do  mar.
 

"Pode que arredor dun vinte por cento. Nos dous días que quedan ata o  Nadal poida que os prezos suban algo máis ou que se manteñan,  depende tamén do que entre"

"Algo subiu pero tamén inflúen os temporais e moitas cousas, no só porque sexan as festas", din.
 

 

Pescada, peixe sapo e robaliza son os peixes que teñen máis saída.

"Eu prefiro fresco, conxelado non me gusta. Prefiro unha roda pequena e comela fresca".
 

Os que apostan pola carne teñen alternativas algo máis económicas.

Lacón asado, xamón, rollo de carne recheo está triunfando este ano.  A miña clientela tira máis polo cordeiro para fin de ano. Está a 25 euros o quilo. O cabrito vai a 30, que case non hai, di unha carniceira.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar