Publicador de contidos
Publicador de contidos

Excelente comezo da campaña do percebe de Cangas

Excelente comezo da campaña do percebe de Cangas

Gran calidade e prezos de ata 220 euros o quilo

G24.gal 19/12/2024 13:55

A campaña do percebe da confraría de Cangas de cara ao Nadal está a ser excelente para os intereses dos percebeiros. O luns o mellor produto pagouse a 220. Hoxe as condicións atmosféricas e as contas impediron saír traballar. Esta tarde valorarán se o poden facer mañá.

Os percebeiros de Cangas traballan nas mellores zonas da ría de Vigo: nas Cíes e na cara máis agreste da Costa da Vela. Coidan o produto e reservan as mellores zonas para a campaña de nadal. Para conseguir o mellor percebe ao mellor prezo.

O mal tempo e a contención dos prezos fixeron que hoxe non saísen ao mar.

Conscientes da riqueza que manexan, os propios percebeiros vixían para evitar os furtivos reducen os topes de capturas e limitan as áreas e limitan as áreas en que traballan nas datas en que se rexistros mellores prezos.

Os percebeiros están pendentes  das mareas, o tempo e o calendario para decidir que días saír. Polo de agora teñen autorizada a saída os dous vindeiros sábados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade