Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a escalada dos prezos dos mariscos máis típicos do Nadal

Comeza a escalada dos prezos dos mariscos máis típicos do Nadal

O percebe roza xa os 200 euros o quilo

O peixe grande, polo momento, mantén o prezo

G24.gal 17/12/2024 14:29

Co Nadal á volta da esquina nótase xa un notable aumento de prezos nos mariscos máis demandados. "Si, os prezos xa comezaron a subir..."

O coñecido como o rei do marisco, o percebe, é o que máis subiu. "Eu téñoo hoxe a 185 euros o quilo". "O máis caro na lonxa xa ía a 220 euros o quilo".

Pero tamén van máis caros que días atrás os camaróns, as centolas ou as cigalas. "As cigalas a 85 euros, os camaróns a 140 euros o quilo...". "A centola de Mugardos, moi boa, está a 48 euros o quilo".

Uns prezos que fan que os consumidores boten contas antes de mercar. "O marisco está todo carísimo".

Porén, o peixe grande está na outra cara da moeda. Polo momento, mantén o prezo.

Vai depender do mar e da demanda, pero no mercado da praza de Lugo contan con que estes prezos vaian en aumento nos días vindeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade